Estás en ... Consellería de Pesca > O Sector > Tipos de actividades > Marisqueo
Marisqueo
O marisqueo está definido legalmente como unha "modalidade específica de pesca, consistente na actividade extractiva dirixida á captura de mariscos". A súa faceta máis sinxela e artesanal, a que ten como obxecto a captura de moluscos na costa areosa e se fai a pé sen utilizar embarcación, é o que coñecemos como marisqueo a pé. Esta actividade ten unha grande importancia social en Galicia, xa que dela dependen os ingresos de 4.606 persoas, sendo máis de 4.100 mulleres (segundo datos do ano 2007). O marisqueo a flote, non entanto, é desempeñado principalmente por homes. As especies principais que capturan os mariscadores a pé son: a ameixa fina (Ruditapes decussatus) , a ameixa babosa (Venerupis pullastra) , e o berberecho (Cardium edule) . No ano 2007, o valor económico dos bivalvos descargados nas lonxas galegas polos mariscadores e mariscadoras da nosa comunidade acadou preto dos 75 millóns de euros, correspondentes ás máis de 10.000 toneladas de produción subhastadas.
Fonte: Anuario de Pesca, 2007 (Servizo de Produción Pesqueira da Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca) |
Novidades
|