Medidas

Compartir

O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 estrutúrase nun conxunto de medidas e submedidas a través das cales se pretende alcanzar os obxectivos marcados neste programa para o período 2014-2020.

 

Medida 1. Transferencia de coñecementos e información

  • Submedida1.1 Formación profesional e adquisición de competencias.
  • Submedida 1.2 Apoio ás actividades de demostración e as accións de información.
  • Submedida 1.3 Intercambios breves e visitas a explotacións agrícolas e forestais.


Medida 2. Servizos de asesoramento, xestión e substitución destinados ás explotacións agrícolas

  • Submedida 2.1 Apoio para contribuír á obtención de servizos de asesoramento.
  • Submedida 2.2 Apoio para o establecemento de servizos de xestión, substitución e asesoramento agrícola e de servizos de asesoramento forestal.
  • Submedida 2.3 Apoio á formación de asesores.

 

Medida 3. Réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios

  • Submedida 3.1 Axudas á participación en réximes de calidade.
  • Submedida 3.2 Apoio ás actividades de información e promoción no mercado interior.


Medida 4. Investimentos en activos físicos

  • Submedida 4.1 Axudas aos investimentos que melloren o rendemento e a sustentabilidade globais da explotación agrícola.
  • Submedida 4.2 Apoio aos investimentos en transformación/comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas.
  • Submedida 4.3 Apoio aos investimentos en infraestrutura relacionada co desenvolvemento, a modernización ou a adaptación da agricultura e a silvicultura.
  • Submedida 4.4 Apoio aos investimentos non produtivos vinculadas ao cumprimento de obxectivos agroambientais e climáticos.


Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais

  • Submedida 6.1 Axuda á creación de empresas para os novos agricultores.
  • Submedida 6.2 Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.
  • Submedida 6.3 Axuda destinadas á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
  • Submedida 6.4 Axuda para os investimentos na creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas.

 

Medida 7. Servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais

  • Submedida 7.2 Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídas os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía.
  • Submedida 7.3 Apoio ás infraestruturas de banda ancha, en particular a súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda ancha pasivas e a oferta de acceso á banda ancha e a solucións de administración electrónica.
  • Submedida 7.4 apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de servizos básicos locais para a poboación rural, incluídas as actividades recreativas e culturais, e a infraestrutura relacionada.
  • Submedida 7.5 apoio aos investimentos para uso público en infraestruturas recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala.
  • Submedida 7.6 axuda para estudos/investimentos vinculados ao mantemento, a recuperación e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica.


Medida 8. Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques

  • Submedida 8.1 Axuda para a reforestación/creación de superficies forestais.
  • Submedida 8.2 Axuda para o establecemento e mantemento de sistemas agroforestais.
  • Submedida 8.3 Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.
  • Submedida 8.4 Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.
  • Submedida 8.5 Axuda para investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais.
  • Submedida 8.6 Axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais.


Medida 9. Creación de grupos e organizacións de produtores

  • Submedida 9.1 Creación de agrupacións e organizacións de produtores nos sectores agrícola e forestal.


Medida 10. Agroambiente e clima

  • Submedida 10.1 Pago para compromisos agroambientais e climáticos.
  • Operación 10.1.2 Razas autóctonas en perigo de extinción.
  • Operación 10.1.3 Manexo sustentable das explotacións gandeiras.
  • Submedida 10.2 Apoio para a conservación e o uso e desenvolvemento sustentables dos recursos xenéticos na agricultura.
  • Operación 10.2.1 Conservación de recursos xenéticos en agricultura.

 

Medida 11. Agricultura Ecolóxica

  • Submedida 11.1 Pago para o cambio a prácticas e métodos de agricultura ecolóxica.
  • Submedida 11.2 Pagos para o mantemento de prácticas e métodos de agricultura ecolóxica.


Medida 13. Pago a zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas

  • Submedida 13.1 Pago de compensación en zonas de montaña.
  • Submedida 13.2 Pagos compensatorios para outras áreas que afrontan limitacións naturais considerables.


Medida 15. Servizos silvoambientales e climáticos e conservación dos bosques

  • Submedida 15.2 Apoio á conservación e o fomento de recursos xenéticos forestais.


Medida 16. Cooperación

  • Submedida 16.1 Apoio para a creación e o funcionamento de grupos operativos da EIP en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas.
  • Submedida 16.2 Axudas para proxectos piloto e desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías.
  • Submedida 16.3 Cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento / a comercialización do turismo.
  • Submedida 16.4 Apoio para a cooperación horizontal e vertical entre os axentes da cadea de subministración para a creación e o desenvolvemento de cadeas de distribución curtas e mercados locais e para actividades de promoción nun contexto local relacionado co desenvolvemento de cadeas de distribución curtas e mercados locais.
  • Submedida 16.5 Apoio para accións conxuntas realizadas con vistas á mitigación ou a adaptación ao cambio climático e para enfoques conxuntos con respecto a proxectos ambientais e prácticas ambientais en curso.
  • Submedida 16.8 Apoio para a elaboración de plans de xestión forestal ou instrumentos equivalentes.


Medida 19. Apoio para o desenvolvemento local LEADER

  • Submedida 19.1 Apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local.
  • Submedida 19.2 Apoio para a realización das operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo.
  • Submedida 19.3 Actividades de cooperación.
  • Submedida 19.4 Custos correntes e animación.