Sensibilización e divulgación forestal

Compartir

A Consellería competente en materia de montes, en colaboración con outras administracións públicas e cos axentes sociais representativos, promoverá o establecemento de programas de divulgación orientados a concienciar o conxunto da sociedade da importancia do monte galego como fonte de recursos naturais renovables e do sector forestal de Galicia como piar básico do desenvolvemento rural.