Novedades
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma
Nesta nova entrega de Agroexprés (nº 7) hai unha importante representación de temas forestais, tamén outros artigos de interese sobre viticultura, fertilización etc., que agardamos que sexan de interese para todos.
Neste novo número da revista Agroexprés (nº 6) a portada e o primeiro artigo están dedicados ao noso compañeiro de redacción Julio. Ademais, contamos con outros artigos de temáticas variadas, unha colaboración dunha investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a prevención dos lumes; dous traballos interesantísimos da Evega; os resultados dun longo ensaio dos investigadores do CIAM; un traballo de colaboración entre o CIAM e o Ligal; e, para rematar, outra colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago.
Actualización de 2024 dos datos do rendemento e da calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia.
Ao longo deste libro podemos descubrir a infraestrutura e o funcionamento da unidade helitransportada da Base O Campiño, exemplo de loita contra os incendios. O seu labor foi obxecto de recoñecemento máis alá das nosas fronteiras.
O principal obxectivo desta publicación é dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as calidades desta, especialmente desde un punto de vista técnico.
Revisión do ano 2022. Esta axenda naceu para identificar accións que se van desenvolver, promover ou participar desde a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).
Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.
Información sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica
Actualización (novembro 2023) da información das medidas de erradicación da flavescencia dourada da vide nas zonas demarcadas.
Esta publicación es una guía de consulta eminentemente práctica, útil para aquellas personas que se quieran introducir en el conocimiento de los hongos que crecen en los diferentes hábitats presentes en nuestra comunidad.