Salmonela

Compartir

De acordo coa normativa comunitaria, están establecidos programas oficiais de control de salmonelas de interese zoonótico, é dicir, que afectan aos humanos, en catro subsectores avícolas:

  • Aves reprodutoras da especie Gallus gallus
  • Aves poñedoras de ovos de consumo da especie Gallus gallus
  • Polos de carne da especie Gallus gallus
  • Pavos reprodutores e pavos de engorde

En cada un deles, a normativa comunitaria ten establecidos uns obxectivos de redución da prevalencia de salmonelose de interese, a partir duns niveis de prevalencia existentes ao inicio dos respectivos programas.

Programa para a vixilancia, control e erradicación de determinados serotipos de Salmonela en manadas de galiñas reprodutoras da especie Gallus gallus

O obxectivo deste programa é a detección da presenza de cinco serotipos de Salmonela de interese na salmonelose humana (Salmonella enteritidis, Salmonella hadar, Salmonella infantís, Salmonella typhimurium e Salmonella virchow), en manadas de aves reprodutoras da especie Gallus gallus, cun obxectivo global a nivel do Estado de redución da prevalencia ata un  máximo do 1% das mandas existentes.

Aplica a mandas de aves reprodutoras con máis de 250 aves.

O programa execútase a través de autocontrois dos produtores e toma de mostras oficiais por parte dos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural. Existen ademais outras medidas que son supervisadas nos controis oficiais como a existencia de vacinación das aves, as condicións de bioseguridade ou a existencia de guías de boas prácticas nas explotacións.

Programa para a vixilancia e control de determinados serotipos de Salmonela en galiñas poñedoras da especie Gallus gallus 

O obxectivo deste programa é a detección da presenza dos serotipos Salmonella enteritidis e Salmonella typhimurium nas galiñas poñedoras adultas da especie Gallus gallus cuxos ovos se destinen ao consumo humano. Os obxectivos de redución de prevalencia a nivel estatal se definen anualmente a partir das prevalencias conseguidas no ano anterior.

Ao igual que no programa de galiñas reprodutoras, o programa execútase a través de autocontrois dos produtores e toma de mostras oficiais por parte dos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural. Existen ademais outras medidas que son supervisadas nos controis oficiais como a existencia de vacinación das aves na recría, as condicións de bioseguridade ou a existencia de guías de boas prácticas nas explotacións.

Programa para a vixilancia e control de determinados serotipos de Salmonela en polos de engorde, broilers, da especie Gallus gallus 

O obxectivo deste programa é a detección da presenza dos serotipos Salmonella enteritidis e Salmonella typhimurium nas explotacións de polos de carne destinados a sacrificio O obxectivo de redución nesta poboación é a existencia dun 1% ou menos, de mandas positivas a estes serotipos sobre o total de mandas existentes.

O plan execútase de xeito similar aos restantes programas oficiais de Salmonela co existencia de autocontrois e controis oficiais períodicos obrigatorios.

Programa galego para a vixilancia, control e erradicación de determinados serotipos de Salmonela en manadas de pavos reprodutores e pavos de engorde

O obxectivo deste programa é a detección da presenza dos serotipos Salmonella enteritidis e Salmonella typhimurium nas explotacións de pavos destinados a sacrificio.
 
O obxectivo de redución nesta poboación é a redución a un máximo dun 1% de mandas positivas a estes serotipos sobre o total de mandas existentes.

O plan execútase de xeito similar aos restantes programas oficiais de Salmonela co existencia de autocontrois e controis oficiais períodicos obrigatorios.

En Galicia non ser realiza sobre explotacións de pavos reprodutores pois non hai explotacións dese tipo rexistradas en Galicia.