Operación | Plataforma Galega de Información Agraria - Servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións cofinanciada con cargo o Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 |
O obxectivo da actuación é desenvolver unha plataforma de información agraria que posibilite a prestación de servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións, especialmente aqueles dirixidos á compartición de información dos titulares das explotacións agrarias e a Administración, tanto a nivel de facilitar a canle de comunicación dos titulares coa Administración, como para que esta poida ofrecer servizos de valor engadido aos mesmos.
Esta plataforma de servizos está por tanto dirixida cara a dous potenciais beneficiarios claramente interrelacionados:
- Agricultores e Gandeiros (Produtores): Xestión eficiente da súa explotación; Información achegada por Agroalimentarias, Consellos Reguladores, Outra produtores
- Administración: Obtención de información adicional por parte do produtor; Análise da información, Toma de decisións, Comunicación aos produtores, Política Agraria en Galicia
A plataforma facilitá ao Produtor a Xestión Electrónica da Explotación agrícola: Punto centralizado, Xeolocalizar e modificar elementos, Rexistro gráfico de actuacións e incidencias, Emisión/Recepción de mensaxes e alertas de/para outra Produtores/Administración, Control económico e produtivo, Interacción coa Administración de maneira dixital e directa.
Respecto da administración permitirá unha mellora na xestión das explotacións, en conexión co Rexistro de Explotación Agrarias de Galicia: Punto centralizado de información (actualización continua), Compoñente gráfica, Servizos de intercambio de información co Produtor, Análise e toma de decisións, Comunicación aos produtores (Alertas, Avisos, Recomendacións…).
O sistema concrétase nos seguintes resultados/ferramentas de alto nivel:
- XEAGA. Xestión de Explotacións Agrarias de Galicia
- OPA. Sistema de Información Observatorio de parcelas.
A plataforma resultante, ademais de na xestión das explotacións agrarias, é de potencial aplicación en ámbitos como o vitícola, a xestión gandeira e a xestión de xurros e abonos, a xestión forestal, entre outros; facilitando a realización da xestión da explotación nos distintos ámbitos por parte do produtor (ou autorizado), garantindo a xestión dos cadernos electrónicos da explotación, aliñada cos requirimentos legais establecidos, e facilitando ferramentas como apps ou cadros de explotación e axuda á decisión.
- DESCRICIÓN SUBPROXECTOS
-
XEAGA. Sistema de xestión de explotacións agrarias de Galicia. Sistema para a xestión da información por parte de xestores de explotacións agrarias, a través de ferramentas orientada ao Agricultor Activo, con especial fincapé para o cumprimento da normativa en relación co Caderno Dixital de Explotación.
OPA. Observatorio de parcelas. Repositorio de información gráfica e alfanumérica para a xestión da información de explotacións agrarias orientado a Xestores da Administración e xestores de explotacións agrarias.
- MARCO DE REFERENCIA DO PROXECTO
-
Plan estratéxico de Galicia 2022_2030: O proxecto que se pretende desenvolver se incadrina cos cinco obxectivos estratéxicos do PEC 2022_2030, pero de maneira particular co eixo 3, e en particular para aproveitar as potencialidades de Galicia cara a un sector primario moderno e competitivo.
Información relacionada
- Politica Agraria Común PAC 2023_2027
- Plan Estratégico de la Política Agraria Común en España (PEPAC)
- Sistema de Información de Explotaciones agrarias
- Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA)
- Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030)
- Contrato de gestión plurianual de la Amtega 2022_2025
- DOCUMENTACIÓN E FORMACIÓN DO PROXECTO
-
Nesta sección estarán dispoñibles os documentos, gravacións e sesións de difusión, pílulas formativas e en xeral todos os elementos que faciliten tanto aos titulares e xestores das explotacións agrarias (XEAGA) como aos técnicos da Administración (OPA) a información para o acceso e utilización dos sistemas de información desenvolvidos no proxecto.
Tamén se irá dando conta nesta sección das novas actividades de difusión e formación que se desenvolvan.
0) Presentación global de Agro 4.0.1) Seminario web (22/05/2023)
Xestión de explotacións agrarias de Galicia - Caderno dixital XEAGA2) Presentación pública do proxecto (09/06/2023)
No marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, desenvolveuse o pasado 9 de xuño do 2023 unha presentación pública do proxecto. Pódese consultar o programa, e o cartel da xornada3) Do 19 ao 30 de xuño realizáronse varias sesións de formación presenciais para amosar o funcionamento da aplicación XEAGA. Trasladouse comunicación a entidades de asesoramento e outros colectivos e axentes aos que se convocou para esta primeira rolda de formación, cunha elevada asistencia e acollida; téndose suxerido importantes achegas por parte dos asistentes
PÍLULAS FORMATIVAS:
- Xestión de Explotacións Agrariasanual. XEAGA (galego, castelán) actualizado o 03/07/2023
- Observatorio de Parcelas. OPA (galego, castelán) novo
- Acceso a la aplicación
- Gestión de personas de la explotación y socios
- Instalaciones
- Maquinaria
- Asalariados:
- Modificación de elementos
- Gestión parcelaria (Delimitaciones gráficas de cultivo DGCs):
- 7.1.XEAGA - Elementos Explotación PARCELARIO_1: Conceptos generales de manejo de parcelas
- 7.2.XEAGA - Elementos Explotación PARCELARIO_2_DeclaracionCultivoRecintoNuevo: Registro de un recinto nuevo y sus DGCs/cultivos
- 7.3.XEAGA - Elementos Explotación PARCELARIO_3_DeclaraconCultivoDGCExistente: Gestión de cultivos sobre DGCs ya existentes.
- 7.4.XEAGA – CambiarVigenciaDGC: Cambios en las vigencias de las DGCs
- 7.5.XEAGA - DivisionDGC_cortePorLinea: Modificación de DGCs a través de un corte en una ya existente
- 7.6.XEAGA – RotacionCultivos: Definición de una rotación de cultivos sobre una DGC
- FAQS
-
Cando estará operativo o novo sistema?
Os distintos subsistemas de que se compón a primeira fase iranse poñendo en marcha paulatinamente, permitindo en todo caso dar cumprimento ás obrigas derivadas do REAL DECRETO 1054/2022, DE 27 DE DICIEMBRE, POR EL QUE SE ESTABLECE Y REGULA EL SISTEMA DE INFORMACIÓN DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS Y GANADERAS Y DE LA PRODUCCIÓN AGRARIA, así como el REGISTRO AUTONÓMICO DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS y el CUADERNO DIGITAL DE EXPLOTACIÓN AGRÍCOLA e demais normativa derivada; e polo que a partir do 1 de xullo de 2023 comezará a introducirse paulatinamente a obrigatoriedad do emprego das ferramentas dixitais definidas
Como podo acceder?
Para o acceso ao sistema pode consultar os manuais dispoñibles neste mesma sección así como algunhas indicacións básicas no documento adxunto. Os titulares das explotacións poderán autorizar o acceso aos representantes que formalicen a través da mesma aplicación. Respecto dos desenvolvedores de cadernos de explotación comerciais, será preciso a súa alta seguindo os procedementos indicados pola Consellería do Medio Rural. Para o acceso externo será necesario posúer un medio de acreditación dixital, como é un certificado dixital ou o sistema Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)
Cal é o calendario de incorporación obrigatoria ao sistemas para distintas explotacións?
Próximamente o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten previsto publicar unha circular aclaratoria para definir con exactitude esta cuesión
Onde podo obter mais información sobre o sistema?
Nas vindeiras datas iranse publicando documentos, manuais e gravacións de sesión de demostración que permitan coñecer mellor o funcionamento do sistema
Teño que anotar no Caderno Dixital todas as operacións realizadas na explotación ?
Será necesario anotar no Caderno todas as prácticas agrarias cuxa normativa específica así o determine, por exemplo en materia de Produtos Fitosanitarios, Fertilización, así como outros aspectos da PAC ou normativa sectorial. O aproveitamento de determinados eco rexímenes e axudas asociadas pode xerar a necesidade de achegar no caderno información adicional que permita xestionar correctamente ditas axudas.
Como podo transferir a información dos Cadernos de Campo comerciais ao Caderno de Explotación Dixital ?A través dunha interface común de comunicación, de xeito que a información mínima contida nun CUE-comercial se poida descargar no Caderno de Explotación Dixital
- CONTACTOS
-
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Explotacións Agrarias. Consellería do Medio Rural
sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal
Xerencia de proxectos de Sector Primario. Área de Solucións Tecnolóxcias Sectoriais. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiciaxerenciasectorprimario.amtega@xunta.gal